CON HOLDERLIN EN GRAÇA

Para evocar a rosa da loucura

Levo sempre comigo na carteira

Uns versos sen lembranzas e unha escura

Sombra á beira de min por compañeira.

 

O mal da lucidez xa no ten cura,

Os soños van á nada preguiceira,

Pero a flor da inocencia aínda perdura

No medio dos fragmentos, da poeira

 

Do mundo, baixo as trabes inseguras

Do universo...

                     Unha folla voandeira

Pode pautar a música futura,

Fatal, incerta, estraña, verdadeira.

 

Penso isto en Lisboa, nun tranvía,

Dando cabo a esta inmóbil travesía.

 

 

Ramiro Fonte

 

publicado por RAA às 14:51 | comentar | favorito