...

Meu amigu' e meu ben e meu amor,
disseron-vos que me viron falar
con outr' ome, por vos fazer pesar,
e por en rogu' eu a Nostro Senhor
que confonda quen vo-lo foi dizer
e vós, se o assi fostes creer,
e min, se end' eu fui merecedor.

E já vos disseron por mi que falei
con outr' ome, que vos non tiv' en ren,
e, se o fiz, nunca mi venha ben,
mais rog' a Deus sempr' e rogá-lo-ei
que confonda quen vo-lo diss' assi
e vós, se tan gran mentira de mi
crevestes, e min, se o eu cuidei.

Sei que vos disseron, per bõa fé,
que falei con outr' om' e non foi al
se non que vo-lo disserom por mal,
mais rogo a Deus, que no ceo se[e],
que confonda quen vos atal razon
diss' e vós, se a crevestes enton,
e que confonda min, se verdad' é.

E confonda quen á tan gran sabor
d'antre min e vós meter desamor,
ca maior amor no mundo [non] é.

João Airas de Santiago
publicado por RAA às 19:05 | comentar | favorito