...

Tôdalas cousas eu vejo partir
do mund' en como soían seer,
e vej' as gentes partir de fazer
ben que soían -- tal tempo nos ven! --
mais non se pod' o coraçon partir
        do meu amigo de mi querer ben.

Pero que ome part' o coraçon
das cousas que ama, per bõa fé,
e parte-s' ome da terra ond' é,
e parte-s' ome du  gran prol ten,
non se pode parti'lo coraçon
        do meu amigo de mi querer ben.


Tôdalas cousas eu vejo mudar:
mudam-s' os tempos e muda-s' o al,
muda-s' a gente en fazer ben ou mal,
mudam-s' os ventos e tod' outra ren,
mais non se pod' o coraçon mudar
        do meu amigo de mi querer ben.


João Airas de Santiago
publicado por RAA às 11:33 | comentar | favorito