ESTA É DE LOOR DE SANTA MARIA, COM' É FREMOSA E BÕA E Á GRAN PODER.

   Rosa das rosas e Fror das frores.

Dona das donas, Senor das senores.

 

Rosa de beldad' e de parecer

e Fror d'alegria e de prazer,

Dona en mui piadosa seer,

Sennor en toller coitas e doores.

   Rosa das rosas e Fror das frores...

 

Atal Sennor dev' ome muit' amar,

que de todo mal o pode guardar;

e pode-ll' os peccados perdõar,

que faz no mundo per maos sabores.

   Rosa das rosas e Fror das frores...

 

Devemo-la muit' amar e servir,

ca punna de nos guardar de falir;

des i dos erros nos faz repentir,

que nos fazemos come pecadores.

   Rosa das rosas e Fror das frores...

 

Esta donna que tenno por Sennor

e de que quero seer trobador,

se eu per ren poss' aver seu amor,

dou ao demo os outros amores.

   Rosa das rosas e Fror das frores...

 

Afonso X, o Sábio

publicado por RAA às 00:12 | comentar | favorito