...

Vós mi defendestes, senhor,
que nunca vos dissesse ren
de quanto mal mi por vós ven,
mais fazede-me sabedor,
por Deus, senhor, a quen direi
quan muito mal [lev' e] levei
por vós, se non a vós, senhor?

Ou a quen direi o meu mal,
se o eu a vós non disser?
Pois calar-me non m' é mester
e dizer-vo-lo non m' er val.
E, pois tanto mal sofr' assi,
se con vosco non falar i,
por quen saberedes meu mal?

Ou a quen direi o pesar
que mi vós fazedes sofrer,
se o a vós non for dizer,
que podedes conselh' i dar?
E, por en, se Deus vos perdon,
coita d'este meu coraçon,
a quen direi o meu pesar?

D. Dinis
publicado por RAA às 17:19 | comentar | favorito
tags: